lunes, 10 de noviembre de 2014

Hemaras en acción

Estas vacacións recibimos unha chea de correos de Hemaras.  Foi chegar e bicar o santo. A experiencia debeu de resultar, porque non para de deseñar proxectos. Tennos abraiadas. Xa estamos matinando en qiedar con ela unha tarde para que nolo conte polo miúdo.
  Fixádevos que marabilla!!!

Created with Haiku Deck, presentation software that inspires

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Tempos de mudanza

Aquí estou de novo. Despois do descanso de Santos, traio unha chea de novidades para vos contar!!!!

Isto das redes sociais éche un invento. Aproveitei os días de lecer para chatear coas miñas compañeiras... Agora xa vos sei -e non pouco- de Apps, de proxectos ilusionadores, de como deixar que os meus alumnos teñan voz na clase....

Non vou agardar nin ás vacacións de Nadal. Devezo por incorporalo á miña práctica cotiá. Non obstante, tamén teño dúbidas: faltarame formación? Que rol vou desempeñar na aula? Saberei levalo a bo porto? E por riba de todo, gustaralles aos meus nenos?

Teño unha idea, unha magnífica idea... pero aínda non vola vou contar hoxe. ABURIÑOSSSSSS

 

jueves, 30 de octubre de 2014

Conversa de café

Ola! Veño emocionada e coa saia revolta. Onte, no cursiño de tarefas integradas, atopei as miñas compañeiras de fatigas: Helena, María José e as Rosas. Comentáronme no café que viñan dunha xuntanza na que debullaron o curso polo dereito e polo revés. Andaban moi ilusionadas cos seus achádegos... Foron quen de seleccionar as competencias que elas consideraban claves, para que os seus alumn@s acadaran aprendizaxes significativas. Ao principio, eu sentíame fóra da conversa, mais engorde fun sentindo un formiguiño e xa non puiden parar de facer preguntas, moitas preguntas. Que demo queren dicir cando falan de escoitar?, que é iso de expresar pensamentos, emocións, necesidades? Os meus nenos saberán darse aos demais? Mais o que xa me desbordou foi o das catro facianas pechadas no círculo. E... Bla, bla, bla.

Quedo con elas para semana, porque xa me ferve o sangue!!!

 

jueves, 23 de octubre de 2014

Hemaras

Ola! Chámome Hemaras. Levo nesta marabillosa profesión máis de quince anos. Xa nin me lembro de todas as materias, niveis e etapas coas que tiven que lidiar. En todas estas viaxes, sempre me acompañaron as ansias de aprender,de renovarme e de darme os meus alumnos/as. Resumindo, que quería medrar, como fan eles.
Creo que as miñas clases son bastante participativas, pero sinto que aínda son eu a que ten o protagonismo da aula. Sabedes que? QUERO CAMBIAR !

 

Presentándonos

Somos tres saias menos das que dan título ao noso blog. Os nosos nomes son: Helena, María José e dúas Rosas.... tamén con saias. Participamos no curso "Tarefas integradas con TIC". Formamos un equipo de traballo no que aspiramos a aprender todas de todas.
Buscamos metodoloxías de traballo que nos permitan conectar co noso alumnado e dar resposta eficaz ás súas inquedanzas e necesidades.
As tecnoloxías móbiles son ventás abertas a un mundo de posibilidades que sempre van connosco.
Estamos aquí porque queremos formarnos nestas novas ferramentas e introducilas no día a día das nosas aulas.