jueves, 30 de octubre de 2014

Conversa de café

Ola! Veño emocionada e coa saia revolta. Onte, no cursiño de tarefas integradas, atopei as miñas compañeiras de fatigas: Helena, María José e as Rosas. Comentáronme no café que viñan dunha xuntanza na que debullaron o curso polo dereito e polo revés. Andaban moi ilusionadas cos seus achádegos... Foron quen de seleccionar as competencias que elas consideraban claves, para que os seus alumn@s acadaran aprendizaxes significativas. Ao principio, eu sentíame fóra da conversa, mais engorde fun sentindo un formiguiño e xa non puiden parar de facer preguntas, moitas preguntas. Que demo queren dicir cando falan de escoitar?, que é iso de expresar pensamentos, emocións, necesidades? Os meus nenos saberán darse aos demais? Mais o que xa me desbordou foi o das catro facianas pechadas no círculo. E... Bla, bla, bla.

Quedo con elas para semana, porque xa me ferve o sangue!!!

 

jueves, 23 de octubre de 2014

Hemaras

Ola! Chámome Hemaras. Levo nesta marabillosa profesión máis de quince anos. Xa nin me lembro de todas as materias, niveis e etapas coas que tiven que lidiar. En todas estas viaxes, sempre me acompañaron as ansias de aprender,de renovarme e de darme os meus alumnos/as. Resumindo, que quería medrar, como fan eles.
Creo que as miñas clases son bastante participativas, pero sinto que aínda son eu a que ten o protagonismo da aula. Sabedes que? QUERO CAMBIAR !

 

Presentándonos

Somos tres saias menos das que dan título ao noso blog. Os nosos nomes son: Helena, María José e dúas Rosas.... tamén con saias. Participamos no curso "Tarefas integradas con TIC". Formamos un equipo de traballo no que aspiramos a aprender todas de todas.
Buscamos metodoloxías de traballo que nos permitan conectar co noso alumnado e dar resposta eficaz ás súas inquedanzas e necesidades.
As tecnoloxías móbiles son ventás abertas a un mundo de posibilidades que sempre van connosco.
Estamos aquí porque queremos formarnos nestas novas ferramentas e introducilas no día a día das nosas aulas.